UN TORNEO ESPECIAL NUN LUGAR PRIVILEXIADO
Nos faros da Costa da Morte
Non só serán as partidas de destacados xogadores profesionais de ámbito mundial, segundo o equipo organizador do evento, que traballa man a man para facelo posible. Un dos retos de 'Entre Faros' é mostrar o vínculo da Costa da
Morte con este deporte, así como a riqueza cultural e turística da zona, haberá
actividades educativas en colexios, para promocionar o xadrez na escola, e
tamén divulgación científica. Contribuirán a promocionar o xadrez e a ciencia o
físico Jorge Mira, o catedrático de Medicina Legal Ángel Carracedo ou a
profesora de Matemáticas e experta en Astronomía Josefina Ling. Cada día, o
xadrecista profesional (dos cinco que compiten) que quede liberado participará
nas visitas a centros educativos coa actividade: ‘Aprendendo a xogar ao
xadrez’.
No hay comentarios:
Publicar un comentario