ARRANCA O TORNEO 'ENTRE FAROS'
Fisterra,
Camariñas e Muxía acollerán dende hoxe e ata o día 14 o I Torneo Internacional
de Xadrez ‘Entre Faros’, unha competición entre cinco grandes mestres de talla
mundial que estrean na Costa da Morte un evento único en España, xogado nos
faros.
Lázaro
Bruzón (Cuba), Iván Cheparinov (Bulgaria), Richard Rapport (Hungría), Julio
Granda (Perú) e Iván Salgado (España) competirán cada xornada a partir das tres
da tarde en Fisterra, Camariñas e Muxía (tres días nas dúas primeiras vilas e
catro na terceira). As partidas serán retransmitidas por internet para todo o
mundo por Leontxo García (e outros especialistas), xornalista especializado en
xadrez e invitado de honra a ‘Entre Faros’, disposto a avalar coa súa
experiencia este singular campionato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario