sábado, 5 de octubre de 2013

ARRANCA O TORNEO 'ENTRE FAROS'

Fisterra, Camariñas e Muxía acollerán dende hoxe e ata o día 14 o I Torneo Internacional de Xadrez ‘Entre Faros’, unha competición entre cinco grandes mestres de talla mundial que estrean na Costa da Morte un evento único en España, xogado nos faros.
Lázaro Bruzón (Cuba), Iván Cheparinov (Bulgaria), Richard Rapport (Hungría), Julio Granda (Perú) e Iván Salgado (España) competirán cada xornada a partir das tres da tarde en Fisterra, Camariñas e Muxía (tres días nas dúas primeiras vilas e catro na terceira). As partidas serán retransmitidas por internet para todo o mundo por Leontxo García (e outros especialistas), xornalista especializado en xadrez e invitado de honra a ‘Entre Faros’, disposto a avalar coa súa experiencia este singular campionato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario