sábado, 5 de octubre de 2013

UN TORNEO ESPECIAL NUN LUGAR PRIVILEXIADO

Nos faros da Costa da Morte

Non só serán as partidas de destacados xogadores profesionais de ámbito mundial, segundo o equipo organizador do evento, que traballa man a man para facelo posible. Un dos retos de 'Entre Faros' é mostrar o vínculo da Costa da Morte con este deporte, así como a riqueza cultural e turística da zona, haberá actividades educativas en colexios, para promocionar o xadrez na escola, e tamén divulgación científica. Contribuirán a promocionar o xadrez e a ciencia o físico Jorge Mira, o catedrático de Medicina Legal Ángel Carracedo ou a profesora de Matemáticas e experta en Astronomía Josefina Ling. Cada día, o xadrecista profesional (dos cinco que compiten) que quede liberado participará nas visitas a centros educativos coa actividade: ‘Aprendendo a xogar ao xadrez’.

‘Entre Faros’ ten páxina web con toda a información sobre o torneo e a retransmisión das partidas: www.chessfaros.com


ARRANCA O TORNEO 'ENTRE FAROS'

Fisterra, Camariñas e Muxía acollerán dende hoxe e ata o día 14 o I Torneo Internacional de Xadrez ‘Entre Faros’, unha competición entre cinco grandes mestres de talla mundial que estrean na Costa da Morte un evento único en España, xogado nos faros.
Lázaro Bruzón (Cuba), Iván Cheparinov (Bulgaria), Richard Rapport (Hungría), Julio Granda (Perú) e Iván Salgado (España) competirán cada xornada a partir das tres da tarde en Fisterra, Camariñas e Muxía (tres días nas dúas primeiras vilas e catro na terceira). As partidas serán retransmitidas por internet para todo o mundo por Leontxo García (e outros especialistas), xornalista especializado en xadrez e invitado de honra a ‘Entre Faros’, disposto a avalar coa súa experiencia este singular campionato.